Taller de cociña “Reinventando os clásicos”

O pasado sábado, 13 de xaneiro, ás 17.00 h tivo lugar no Asubío un taller de cociña que denominamos: Reinventando os clásicos, nel cociñamos unha tortilla vegana, sen ovo, a base de fariña de garavanzos e con verduras, unha boloñesa con soia texturizada e algas e unhas creps de trigo sarraceno recheas de crema de cacao e abelás.

Para comezar, como a tarde estaba fría, tomamos unha infusión de xenxibre con limón, logo de aprender un pouco sobre nutrición e saúde de maneira teórica, puxémonos mans á obra ca elaboración do noso menú e, ao fin, degustamos os ricos pratos.

Parece que a tortilla non tivo moito éxito, decían que coma unha tortilla feita con ovos de casa ou ecolóxicos non había, anque tampouco disgustou… O prato estrela foi, sen dúbida, a pasta con salsa boloñesa feita con soia texturizada que lle encantou a todo o mundo. Tampouco estiveron mal as creps con crema de cacao e abelás, anque parece que a xente é bastante “dulceira” e non estaban dóces de máis.

No taller participaron 13 persoas con gañas de aprender e pasar unha tarde amena e desfrutaron cas receitas, coñeceron ingredientes novos como a cúrcuma, as algas ou a soia texturizada e dixeron que iban a facer algúns dos pratos. E déronnos ideas para próximos talleres.

Para a xente que non tivo a oportunidade de vir, deixámosvos as receitas para que probedes nas vosas casas.

Se queredes participar nalgún dos nosos talleres estade atentos/as, que xa estamos organizando o do mes de febreiro.

.

TORTILLA VEGANA

INGREDIENTES (2 PERSOAS)

1 culleradiña de sementes de liño + 3 culleradas de auga

8 culleradas de fariña de garavanzos + 8 culleradas auga

½ culleradiña de cúrcuma

Sal e pementa ao gusto

½ pemento verde

1 allo

¼ cebola

Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)

Sal kala Namak (opcional)

PREPARACIÓN:

Bota as sementes de lino, a fariña de garavanzos e a auga e bater no batedor ata que estean ben integrados

Engadir sal e pementa ó gusto e volver a bater

Botar un chorro de AOVE e dourar a verdura troceada (allo, cebola, pemento)

Engadir a mestura batida á sartén e cociñar a fogo medio uns 7 minutos por cada lado ata que estea dourada

Servir a tortilla nun prato e botar sal kala Namak se se lle quere dar un sabor máis a ovo

BOLOÑESA CON SOIA TEXTURIZADA

INGREDIENTAS (2 PERSOAS)

50 g de soia texturizada fina (2 puñados)

Verduras ao gusto

½ cebola

2 dentes de allo

1 bote de salsa de tomate

Especias ó gusto (comino, perexil, tomiño, ourego, pementa, pementón…)

Unha cullerada de algas deshidratadas

AOVE

Sal mariña

PREPARACIÓN:

Nunha sartén pomos a refogar no aceite o allo, a cebola e as verduras, refogamos uns 5 minutos a fogo medio.

Salamos, especiamos e engadimos a soia texturizada

Engadimos a salsa de tomate e cociñamos uns 10 minutos a fogo lento

CREPS CON CREMA DE CACAO E ABELÁS

PARA AS CREPS (7 – 8 creps)

150 g de fariña

250 ml de bebida vexetal ou auga

15 ml aceite de oliva

3 ovos ecolóxicos

1 pizca de sal

Mesturar todos os ingredientes ata facer unha masa

Deixar repousando unhas horas

Pincelar cunhas gotas de aceite unha sartén, cando estea quente botar un pouco de masa, cociñar e dar a volta

PARA A CREMA DE CACAO

75 ml de bebida vexetal

1 cullerada de cacao en po

100 g de abelás

50 ml de sirope de agave

1 aguacate

Trituramos as abelás hasta obter un po fino

Engadir o resto de ingredientes e volver a triturar hasta obter a textura dunha crema

 

Deixa un comentario