TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE O 21 DE OUTUBRO NA TENDA ASUBÍO

Xa hai moita xente consciente de que a alimentación e a saúde están relacionadas, todo o que comemos ten un efecto non só no noso corpo, senón tamén na nosa mente e nas nosas emocións.
Ademais da alimentación, a actividade física, os pensamentos e as relación persoais afectan á nosa saúde.
Un erro do actual sistema sanitario é que aos médicos/as non se lles forma en nutrición e que non se aposta pola medicina preventiva. Está comprobado que cun cambio de hábitos poderíanse previr e curar moitas enfermidades.
Estamos avanzando na investigación, desenvolvemento e comunicación da importancia da alimentación sobre a saúde dando pequenos pasos, pero, por que estes pasos non son máis notables? Porque hai moitos intereses nas grandes industrias que teñen poder económico: industria alimentaria, fitosanitaria e farmacéutica.
Neste taller non vamos a ver só receitas, senón a base dunha alimentación sa e consciente, instrumentos e técnicas de cociñado, hábitos saudables, como ler unha etiqueta, información sobre os produtos ecolóxicos…
Primeiro faremos unha pequena introdución teórica e logo elaboraremos 3 receitas, explicándoas paso a paso e dándovos a posibilidade de formar parte do seu cociñado.
Logo degustaremos os pratos mentres charlamos sobre a experiencia, comentamos dúbidas e nos facedes propostas para próximos cursos.
O taller terá lugar o sábado 21 de Outubro, ás 17.00 h na tenda Asubío, cunha duración aproximada de 2 horas
Imprescindible anotarse con antelación
Para máis información, no teléfono 615 343 879 ou na tenda Asubío
Dende este blog podedes propoñernos temas, horarios para próximos cursos e talleres e facernos preguntas sobre alimentación, animádevos!