O Asubío entrega 2 premios!

O Asubío da sorte!

Unha clienta/amiga e un cliente/amigo foron premiados con dúas tarxetas, unha de 150 € e outra de 300 € na campaña dos días azuis do comercio galego 2018, xa na mesma campaña do ano pasado entregamos un premio de 300 €

Queremos dar as grazas á Federación Galega de Comercio por estas iniciativas que promoven as compras no pequeno comercio, tan necesitado de axuda

Por suposto agradecer á xente que merca no  Asubío e noutras tendas do pequeno comercio, grazas por apostar pola xente, pola ilusión e pola vida!

Agardamos seguir dando sorte nas seguintes campañas e longa vida ó Asubío, ó pequeno comercio e ós días azuis!

Deixa un comentario