Blog
O Asubío entrega 2 premios!
O Asubío da sorte! Unha clienta/amiga e un cliente/amigo foron premiados con dúas tarxetas, unha de 150 € e outra de 300 € na campaña dos días azuis do comercio galego 2018, xa na mesma campaña do ano pasado entregamos un premio de 300 € Queremos dar as grazas á Federación Galega de Comercio por…
SORTEO DUNHA CESTA NO ASUBÍO
No Asubío apoiamos o galego día a día, porque o Asubío non sería nada se non fora pola nosa fermosa língua, por iso, na semana da conmemoración do Día das Letras Galegas sorteamos unha cesta de produtos ecolóxicos galegos etiquetados en galego! Bases do concurso Día das Letras Galegas no Asubío Datas: 15/05 ás 14:00…
Taller de cociña “Reinventando os clásicos”
O pasado sábado, 13 de xaneiro, ás 17.00 h tivo lugar no Asubío un taller de cociña que denominamos: Reinventando os clásicos, nel cociñamos unha tortilla vegana, sen ovo, a base de fariña de garavanzos e con verduras, unha boloñesa con soia texturizada e algas e unhas creps de trigo sarraceno recheas de crema de…
Resumo do Taller de Cociña Saudable do sábado 21 de outubro no Asubío
O pasado sábado 21 de outubro ás 17.00 h tivo lugar no Asubío un Taller sobre Cociña Saudable. No taller contamos coa participación de 10 persoas, coas cales pasamos unha tarde amena, educativa e, esperemos que produtiva. Para entrar en calor e comezar a tarde con bo sabor de boca, tomamos unha infusión de Sarxa…
ASUBÍO VISITOU ECOCULTURA ZAMORA
A tenda Asubío visitou o pasado domingo 15 de outubro a XIV edición da Feira Hispanolusa de Produtos ecolóxicos que ten lugar en IFEZA, Zamora. Ecocultura Zamora convocou, como é habitual, a máis de 100 expositores de todos os sectores da produción ecolóxica, que a consolidaron ó longo dos anos como unha das feiras transfronteirizas…
TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE O 21 DE OUTUBRO NA TENDA ASUBÍO
Xa hai moita xente consciente de que a alimentación e a saúde están relacionadas, todo o que comemos ten un efecto non só no noso corpo, senón tamén na nosa mente e nas nosas emocións. Ademais da alimentación, a actividade física, os pensamentos e as relación persoais afectan á nosa saúde. Un erro do actual…
Benvido/a a Asubío
Benvidos/as a ASUBÍO, a túa tenda de produtos ecolóxicos Comezamos unha nova aventura dixital. Neste blog queremos facerte partícipe da nosa filosofía, das nosas actividades e dos nosos proxectos. Cada semana compartiremos contigo consellos de vida saudable, información sobre produtos ecolóxicos, receitas… Tamén coñeceremos algúns dos nosos provedores, xente valente e loitadora que mantén o…