Benvido/a a Asubío

Benvidos/as a ASUBÍO, a túa tenda de produtos ecolóxicos
Comezamos unha nova aventura dixital.
Neste blog queremos facerte partícipe da nosa filosofía, das nosas actividades e dos nosos proxectos.
Cada semana compartiremos contigo consellos de vida saudable, información sobre produtos ecolóxicos, receitas…
Tamén coñeceremos algúns dos nosos provedores, xente valente e loitadora que mantén o rural vivo.
Queremos tervos ó tanto de actividades, cursos e talleres que imos levar a cabo.
Así que, ademais de ter o espazo real da tenda Asubío aberto para ti, agora contarás con outro espazo no que poderás darnos a túa opinión, facernos preguntas e desfrutar deste marabillosos mundo ecolóxico.
Benvidas/os ao blog do Asubío.
Se che gustou podes compartilo nas redes sociais