logo-1

Tenda de produtos ecolóxicos

SORTEO DUNHA CESTA NO ASUBÍO

No Asubío apoiamos o galego día a día, porque o Asubío non sería nada se non fora pola nosa fermosa língua, por iso, na semana da conmemoración do Día das Letras Galegas sorteamos unha cesta de produtos ecolóxicos galegos etiquetados en galego!

Bases do concurso Día das Letras Galegas no Asubío

Datas: 15/05 ás 14:00 ao 20/05 ás 14:00

Requisitos para concursar:

– darlle a “gústame” e ser seguidor/a  da páxina de facebook do Asubío.

-responder á pregunta ¿Cales son os produtos galegos que más vos gustan? que permanecerá na parte superior da páxina de facebook do Asubío durante a duración do concurso. A resposta á pregunta deberá ser escrita nos comentarios da publicación orixinal.

Fase de sorteo:

-Ás persoas seguidoras da páxina que respondan á pregunta asignaráselle un número, e esta relación de números  e participantes será publicada  na páxina web da tenda:  www.asubiotenda.com

– Tras a finalización da fase de concurso, realizarase un sorteo con todos os números participantes, e sacarase un número gañador.

O sorteo realizarase presencialmente na  tenda Asubío e publicarase o resultado inmediatamente na páxina de facebook o luns 21/05

O nome da persoa gañadora será anunciado na páxina de facebook de Asubío, e corresponderá co nome que utilizou en Facebook para concursar.

En ningún momento Asubío recollerá nin gardará datos persoais das persoas participantes nin utilizará a información para calquera fin diferente o fin do concurso.

Premio:

O premio consite nun pack de productos ecolóxicos etiquetados en galego:

Mel Sovoral

Galletas mariñeiras con algas especial canapés Daveiga

Cervexa As Galegas, de Monterrei

Licor de Café Alicornio

Marmelada de sabugueiro Carabuñas

Mirabeles do Rosal Alen do Val

Marmelada de cabaza con noces Terra de Baronceli

Parafusos de centeo Bubela

Herbas da Ulloa Milhulloa

 

Facebook non se fai responsable deste concurso e a promoción deste concurso non está patrocinada, avalada, administrada nen asociada por Facebool

Asubío Tenda é responsable do concurso.

Non se aceptarán comentarios con contido inadecuado: contido ofensivo, spam ou discriminatorio.

 

 

Deixa un comentario





Mostra botones
Ocultar botones