logo-1

Tenda de produtos ecolóxicos

Nós

Sobre min

Despois de estudar Enxeñería Técnica Agrícola, Especialidade de Industrias Agroalimentarias, comprendín que a opción máis xusta, máis sostible, máis saudable e máis respetuosa co medio era a produción ecolóxica, por eso comecei a interesarme polo tema e a consumir produtos ecolóxicos.

Co paso do tempo reafirmeime na miña creencia e o ecoloxismo pasou a ser a miña filosofía de vida, non só na alimentación, tamén na roupa, no transporte, na hixiene…

Sobre a tenda Asubío

Abrín o Asubío pensando na saúde da xente, pero tamén pensando en pequenos produtores e produtoras que manteñen o rural vivo coidando o entorno e, por suposto, porque creo firmemente en que debemos ser conscientes e coidar da nosa casa, a Terra.

Sobre os produtos ecolóxicos

A miña aspiración é que a xente coñeza os produtos ecolóxicos, que sepa que hai alternativas saudables.

Existen produtos de alimentación ecolóxica para persoas que siguen diferentes tipos de dieta: vexetariana, vegana, macrobiótica.

As persoas que teñen intolerancias ou alerxias alimentarias tamén atopan no Asubío produtos sen alérxenos, sen gluten, sen lactosa ou veganos. Ademais da alimentación, tamén hai produtos de hixiene íntima, limpeza, produtos para bebé ou cosméticos.

Mostra botones
Ocultar botones