logo-1

Tenda de produtos ecolóxicos

ASUBÍO VISITOU ECOCULTURA ZAMORA

A tenda Asubío visitou o pasado domingo 15 de outubro a XIV edición da Feira Hispanolusa de Produtos ecolóxicos que ten lugar en IFEZA, Zamora.

Ecocultura Zamora convocou, como é habitual, a máis de 100 expositores de todos os sectores da produción ecolóxica, que a consolidaron ó longo dos anos como unha das feiras transfronteirizas de referencia.

Asubío percorreu todos os stands da feira, alí vimos e saudamos a algúns proveedores e amigos/as e tamén conseguimos novidades que poderedes disfrutar a partir de hoxe na tenda:

De Fleur Aloe, unha empresa familiar de Mallorca que se adican ao cultivo e a elaboración de produtos de Aloe Vera, trouxemos:

Xel Aloe puro, indicado para acné, queimaduras, picaduras, cortes, feridas, alerxias, hemorroides, depilación, psoriase (mesturado co aceite de masaxe) e despois do sol.

Crema multiusos, corporofacial, que hidrata e nutre a pel manténdoa suave e sedosa sen deixala graxenta, indicado para problemas de pel, manchas, estrías, fungos, eczemas, dermatite, hemorroides e para bebés. Apta para todas as idades

Desodorante de Aloe Vera Roll-on sen alcohol, sen aluminium, con mileral de alumbre e pH equilibrado

Allo negro de La Abuela Carmen. O allo negro é allo común que, despois dun proceso de envellecemento colle esa cor característica e ten unha maior concentración dos compoñentes do allo. O allo negro ten propiedades antibióticas, antisépticas, circulatorias, hipotensoras, expectorantes, diuréticas, dixestivas e antioxidantes.

Barriñas enerxéticas Raw-Bite. Barriñas crudas feitas a partir de froita e froitos secos orgánicos. Sen gluten nen lácteos nin ovos. Enerxía constante cun sabor increíble. Non leva azúcar engadido, únicamente o aporte natural da froita. Témolas de cacao, pistacho, anacardo, coco e lima.

Agardamos que os novos produtos teñan unha boa acollida e, se queredes propornos algún máis que non teñamos, este blog é o sitio ideal para facelo.

Moitas grazas e feliz e saudable semana

 

Deixa un comentario





Mostra botones
Ocultar botones